Poñer en mans da xuventude O Diario de Ana Frank é un desafío que nos interpela como cidadáns, esixíndonos una mirada crítica e activa sobre o noso pasado. Coñecer obras desta envergadura permite sensibilizarnos e polemizar acerca do mundo social do que formamos parte.
A lectura do Diario acercará a xuventude a un período da historia marcado pola discriminación, o odio e a violencia, que deixaron marcas indelebles en todas as persoas. Para moitos alumnos eses feitos serán escoitados por primeira vez e outros disporán de certa información; pero para todos será unha porta aberta a ese pasado que debemos coñecer. Este texto ofrécese aos nosos estudantes como unha obra necesaria para conformar o seu repertorio de lecturas, e é posible que se constitúa como un fito no seu percorrido lector.
O Diario de Ana Frank é un diario escrito pola nena Ana Frank (Annelies Marie (Anne) Frank) entre o 12 de xuño de 1942 e o 1 de agosto de 1944.
Oculta coa súa familia e outros xudeus nunha bufarda duns almacéns de Amsterdam durante a ocupación nazi de Holanda, Ana Frank, con trece anos, conta no seu diario a vida do grupo. Axudados por varios empregados da oficina, permaneceron durante máis de dous anos no achterhuis (coñecido como “o anexo secreto”) ata que, finalmente, foron delatados. Ana rematou o diario tres días antes de que os ocupantes do anexo fosen traizoados. Margot Frank tamén escribiu un diario, pero nunca se atopou ningún rastro deste.
O 4 de agosto de 1944, axentes da Gestapo deteñen a todos os ocupantes e son levados a diferentes campos de concentración.
Logo de permaneceren durante un tempo nos campos de concentración de Westerbork e Auschwitz, Ana e a súa irmá maior, Margot, foron deportadas a Bergen-Belsen, onde ambas morreron durante unha epidemia de tifo entre finais de febreiro e mediados de marzo de 1945.
OUTROS LIBROS DE INTERESE:
Zlata Filipovic reúne en Voces robadas a traxedia dos nenos nas guerras.
ZLATA: a Ana Frank de Sarajevo
Ola.
Dende as Bibliotecas Municipais facemos unha recomendación para td@s os que vos guste este tema, pola súa calidade e orixinalidade. Trátase do cómic “Maus” de Art Spiegelman que foi Premio Pulitzer. Para máis información deixamos a ligazón:
http://www.guiadelcomic.com/comics/maus.htm
Un saúdo
O día 27 é a conmemoración do Día Internacional en Memoria das Víctimas do Holocausto. Na Biblioteca Nodal de Lugo fixeron un Centro de Interese moi bo. Deixamos o link por se a algúen quere velo
http://bibliopublicalugo.blogspot.com/2011/01/centro-de-interese-memoria-do.html
Un saúdo