Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for 16 Xaneiro 2011

 

Bases:

1- A temática xirará arredor do amor.

2 – A extensión dos traballos será:

    a) Relato:     – mínima dunha páxina e máxima de catro páxinas.

    b) Carta:       – máxima dúas páxinas.

    c) Poema:    – mínima de dez e máxima de cen versos.

   Poderán ser textos mecanografados ou manuscritos.

3 – Os traballos serán orixinais e inéditos e poden redactarse en lingua galega ou castelá.

4 – Os participantes utilizarán pseudónimos e meterán nun sobre pechado o nome real.

5 – Haberá premios para os dous mellores traballos de cada categoría (relato, carta, poema) en cada un dos seguintes grupos: 1º ciclo da ESO / 2º ciclo da ESO / Bacharelato. Estes poderán ser declarados desertos.

6 – Presentaranse os orixinais na biblioteca ata o luns 14 de febreiro de 2011. Os traballos que se reciban despois deste día non entrarán no concurso.

7- O xurado estará integrado por cinco persoas: profesorado e alumnado do club de lectura e biblioteca. A   resolución do xurado darase a coñecer o luns 28 de febreiro de 2011.

8 – A participación neste concurso implica o consentimento do autor/a para a divulgación da obra presentada nas páxinas web da biblioteca e do club de lectura Raíña Lupa se se considera oportuno.

9 – A participación nesta convocatoria implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas presentes bases.

Read Full Post »