OBRAS gañadoras.
Archive for the ‘Fomento da lectura’ Category
Concurso de relatos, cartas e poemas de amor. Obras gañadoras.
Posted in Especiais, Fomento da lectura, Uncategorized on Xuño 1, 2011| Leave a Comment »
Non hai misericordia, de Xelís de Toro
Posted in Fomento da lectura, galego on Maio 12, 2011| Leave a Comment »
Esta novela dos noventa do s. XX está escrita en tres mundos narrativos. Atrapa perfectamente o sentir social dos nosos tempos: o que nos fai actuar como seres distantes e categóricos e o que abre o mundo das pulsións máis básicas, como a violencia ou a xustiza máis primitiva.
Este picheleiro, o suxeito da foto, irmán do tamén novelista Suso de Toro, está actualmente impartindo clases de Lingua e Literatura Galega en Gran Bretaña. Recomendado para bacharelato.
Dos arquivos do trasno, Rafael Dieste.
Posted in Autores e autoras, Fomento da lectura, galego, tagged futurista, vida e morte on Marzo 11, 2011| Leave a Comment »
Aquí tes un enlace para un curioso relato de Dieste dos anos vinte do s. XX. Dos arquivos do trasno contén outros máis, que podes atopar en calquera biblioteca. Ao mellor até o tes na casa. Esperamos que che gusten estes relatos cheos de maxia, orixinalidade e humanidade nos seus personaxes.
O DIARIO DE ANA FRANK
Posted in Especiais, Fomento da lectura, nazismo, novela xuvenil, Segunda Guerra Mundial, Vídeo con información interesante e atractiva sobre estes libros, tagged desafío, discriminación, mirada crítica e activa sobre o pasado, nazismo, odio, Violencia on Xaneiro 15, 2011| 2 Comments »
Poñer en mans da xuventude O Diario de Ana Frank é un desafío que nos interpela como cidadáns, esixíndonos una mirada crítica e activa sobre o noso pasado. Coñecer obras desta envergadura permite sensibilizarnos e polemizar acerca do mundo social do que formamos parte.
A lectura do Diario acercará a xuventude a un período da historia marcado pola discriminación, o odio e a violencia, que deixaron marcas indelebles en todas as persoas. Para moitos alumnos eses feitos serán escoitados por primeira vez e outros disporán de certa información; pero para todos será unha porta aberta a ese pasado que debemos coñecer. Este texto ofrécese aos nosos estudantes como unha obra necesaria para conformar o seu repertorio de lecturas, e é posible que se constitúa como un fito no seu percorrido lector.
O Diario de Ana Frank é un diario escrito pola nena Ana Frank (Annelies Marie (Anne) Frank) entre o 12 de xuño de 1942 e o 1 de agosto de 1944.
Oculta coa súa familia e outros xudeus nunha bufarda duns almacéns de Amsterdam durante a ocupación nazi de Holanda, Ana Frank, con trece anos, conta no seu diario a vida do grupo. Axudados por varios empregados da oficina, permaneceron durante máis de dous anos no achterhuis (coñecido como “o anexo secreto”) ata que, finalmente, foron delatados. Ana rematou o diario tres días antes de que os ocupantes do anexo fosen traizoados. Margot Frank tamén escribiu un diario, pero nunca se atopou ningún rastro deste.
O 4 de agosto de 1944, axentes da Gestapo deteñen a todos os ocupantes e son levados a diferentes campos de concentración.
Logo de permaneceren durante un tempo nos campos de concentración de Westerbork e Auschwitz, Ana e a súa irmá maior, Margot, foron deportadas a Bergen-Belsen, onde ambas morreron durante unha epidemia de tifo entre finais de febreiro e mediados de marzo de 1945.
OUTROS LIBROS DE INTERESE:
Zlata Filipovic reúne en Voces robadas a traxedia dos nenos nas guerras.
ZLATA: a Ana Frank de Sarajevo
SITIO WEB OFICIAL DA CASA DE ANA FRANK
Donde surgen las sombras
Posted in Fomento da lectura, novela xuvenil, tagged Identidade propia, Integración, ordenador, Relacións de grupo, Violencia on Xaneiro 15, 2011| Leave a Comment »
Autor: David Lozano
Editorial: SM
Ano de publicación: 2006
Número de páxinas: 261
Xénero: Novela
“Uno ignora su propia fuerza interior hasta que la pone a prueba”.
Esta é unha frase do libro Donde surgen las sombras, do escritor aragonés David Lozano. Con esta novela obtivo o premio Gran Angular da editorial SM no ano 2006.
“Mi novela – dixo David Lozano – es una historia de atmósferas tenebrosas, un relato donde triunfa la amistad y donde se entremezclan las emociones y el suspense”.
Álex, un adolescente afeccionado aos videoxogos, non parece ter ningún problema ata que un día desaparece sen dar explicacións despois de entrar por error nun estraño videoxogo. Este feito coincide co asasinato de tres persoas en atroces circunstancias. Coa axuda dun inspector de policía, os seus amigos inician unha busca chea de sorpresas polas zonas máis escuras e perigosas da cidade. As pistas que van seguindo condúcenos a un mundo subterráneo de túneles e sumidoiros. Un mundo moi parecido a un xogo de rol, pero esta vez, de verdade.
A historia atrapará o lector desde as primeiras páxinas e será difícil non intentar saber que ocorreu aquela noite, diante dunha pantalla de ordenador, e que ou quen está detrás desas mortes. Unha novela de misterio que destaca a forza da amizade na superación de dificultades.
PALABRAS CLAVE
Amizade, Relacións de grupo, Integración, Identidade propia, Solidarizade, Violencia, Ordenador.
Outras obras do mesmo autor:
- La puerta oscura. El viajero (2008)
- El mal (2009)
- La puerta oscura 3: Réquiem (2009)
Retrincos, de Castelao
Posted in Fomento da lectura, galego, Títulos on Maio 3, 2010| 3 Comments »
De entre a narrativa de Castelao queremos animar á lectura de Retrincos, un conxunto de cinco relatos de carácter autobiográfico que o rianxeiro publicou en 1934 mostrando a condición humana. “O segredo” relata a inocencia infantil, “O retrato” trata sobre o desexo dun pai cun fillo moribundo, “O inglés” narra as pretensións patrióticas dun neno, “Peito de Lobo” amosa a arte plástica de Castelao e “Sabela” retrata o paso do tempo.
A principios do vindeiro curso realizaremos un roteiro por Rianxo.
Se queres saber máis de Castelao, mira en www.museocastelao.org
Posted in Alumnos de Cacheiras, Fomento da lectura on Abril 12, 2010| 1 Comment »