Feeds:
Artigos
Comentarios

OBRAS gañadoras.

Podes descargala aquí. Está en pdf.

Esta novela dos noventa do s. XX está escrita en tres mundos narrativos. Atrapa perfectamente o sentir social dos nosos tempos: o que nos fai actuar como seres distantes e categóricos e o que abre o mundo das pulsións máis básicas, como a violencia ou a xustiza máis primitiva.

Este picheleiro, o suxeito da foto, irmán do tamén novelista Suso de Toro, está actualmente impartindo clases de Lingua e Literatura Galega en Gran Bretaña. Recomendado para bacharelato.

 

     

A tarde do xoves 14 de abril un grupo de alumnos do IES Cacheiras pertencentes ao club de lectura Raiña Lupa, acompañados por varios profesores e profesoras dese instituto e guiados pola profesora e historiadora Encarna Otero, participaron nun roteiro que tiña como temática AS SETE PORTAS DE COMPOSTELA: Faxeira, da Mámoa, de Mazarelos, do Camiño, da Pena, de San Francisco e da Trindade.

O percorrido durou dúas horas e resultou moi ameno xa que os datos históricos ían acompañados de numerosas anécdotas. Tamén recibimos información bibliográfica  acerca de lecturas interesantes relacionadas coa cidade de Compostela (parte do alumnado xa leu algunhas delas).

TRECE BADALADAS, de Suso de Toro

NO VENTRE DO SILENCIO, de X.L. Méndez Ferrín

OS BOLECHAS : UNHA NOITE EN COMPOSTELA, de Pepe Carreiro

COMPOSTELA, HISTORIA DUNHA LENDA, de Pepe Carreiro

O  TRÁNSITO DOS GRAMÁTICOS, de Marilar Aleixandre

A TECEDEIRA DE BONAVAL, de Antonio López Ferreiro

FRAGMENTOS DE APOCALIPSE, de Gonzalo Torrente Ballester.

Dámoslle as grazas a Encarna Otero por compartir con nós o seu tempo e os seus coñecementos.

Joseph Joffo naceu en Francia en 1931 e na súa novela cóntanos como foi a súa vida desde que en 1940 os nazis chegan a París,  orixinando a súa fuxida e a do seu irmán Maurice. Na costa mediterranea  reúnense cos seus irmáns maiores e alí vivirán seguros durante un tempo pero cando está zona deixa de ser libre teñen que poñerse en marcha outra vez. Viaxan a pé, en tren, autobús e en calesa. Pasan fame, frío, medo e aprenden a sobrevivir.

Joseph tiña dez anos cando a historia comeza e non entende que está pasando. Todo o vemos a través dos ollos inxenuos dese pequeño xudeu: a guerra, a persecución que sofren os comunistas, os xudeus, os resistentes… e a morte.

La habitación de arriba, de Johanna Reiss:

As causas, o desenvolvemento e o auxe do nazismo en Alemania aparecen resumidos pola autora na introdución facilitando o coñecemento e a comprensión desta época. Johanna Reiss narra a súa experiencia persoal durante a Segunda Guerra Mundial, unha nena xudía que vivía en Holanda e que sente perigar a súa vida. A súa familia vese obligada a separarse e agacharse dos alemáns para evitar ser levados a campos de concentración. Annie tiña 6 anos en 1938 ao comenzo da novela, cando os alemáns invaden Austria e durante sete anos as súas palabras, a súa visión inocente, interpretan os acontecementos.

A través deste relato autobiográfico coñecemos os horrores daquel momento, o sufrimento do pobo xudeu, pero tamén a xenerosidade, o compromiso e a esperanza para enfrontarse á barbarie  nazi.  

Gudrun Pausewang naceu en Alemaña en 1928 e, ao terminar a Segunda Guerra Mundial, tivo que fuxir á que entón era «a outra Alemaña». Traballou en Chile, Venezuela e regresou a Alemaña, pero en 1968  marchou para Colombia. En 1970 comenzou a escribir libros infantís.

La traidora

Sinopse: Coma tódalas fins de semana, Anna, unha estudante alemá nos tempos da Segunda Guerra Mundial, volta á súa vila para pasar uns días cos seus. Camiño da súa casa descobre unhas pegadas na neve que levan directamente á granxa familiar. No graneiro atopa un home enfermo. É un prisioneiro de guerra fuxido. Un ruso. Un inimigo. Que debe facer ela? Ana toma unha decisión que traerá graves consecuencias.

A acción ten lugar nunha pequena vila alemá próxima á fronteira durante os últimos meses da guerra. Ó longo da novela hai unha defensa do valor do ser humano, unha reflexión persoal como maneira de achegarse á verdade e unha dura crítica á ideoloxía do nacionalsindicalismo. Os personaxes están claramente definidos, son distintos e teñen distintos modos de enfrontarse á realidade.

A novela está escrita en terceira persoa e centrada nunha personaxe, Anna, unha moza de 16 anos,  a través da que coñecemos os outros e todo canto acontece. A protagonista reflexiona sobre a liberdade, os valores morais, a manipulación, o fanatismo polas ideas de Hitler e no final da novela resalta a dureza da guerra.

Seguir

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.