Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Especiais’ Category

OBRAS gañadoras.

Read Full Post »





 

Poñer en mans da xuventude O Diario de Ana Frank é un desafío que nos interpela como cidadáns, esixíndonos una mirada crítica e activa sobre o noso pasado. Coñecer obras desta envergadura permite sensibilizarnos e polemizar acerca do mundo social do que formamos parte.
A lectura do Diario acercará a xuventude a un período da historia marcado pola discriminación, o odio e a violencia, que deixaron marcas indelebles en todas as persoas. Para moitos alumnos eses feitos serán escoitados por primeira vez e outros disporán de certa información; pero para todos será unha porta aberta a ese pasado que debemos coñecer. Este texto ofrécese aos nosos estudantes como unha obra necesaria para conformar o seu repertorio de lecturas, e é posible que se constitúa como un fito no seu percorrido lector.

O Diario de Ana Frank é un diario escrito pola nena Ana Frank (Annelies Marie (Anne) Frank) entre o 12 de xuño de 1942 e o 1 de agosto de 1944.
Oculta coa súa familia e outros xudeus nunha bufarda duns almacéns de Amsterdam durante a ocupación nazi de Holanda, Ana Frank, con trece anos, conta no seu diario a vida do grupo. Axudados por varios empregados da oficina, permaneceron durante máis de dous anos no achterhuis (coñecido como “o anexo secreto”) ata que, finalmente, foron delatados. Ana rematou o diario tres días antes de que os ocupantes do anexo fosen traizoados. Margot Frank tamén escribiu un diario, pero nunca se atopou ningún rastro deste.

O 4 de agosto de 1944, axentes da Gestapo deteñen a todos os ocupantes e son levados a diferentes campos de concentración.

Logo de permaneceren durante un tempo nos campos de concentración de Westerbork e Auschwitz, Ana e a súa irmá maior, Margot, foron deportadas a Bergen-Belsen, onde ambas morreron durante unha epidemia de tifo entre finais de febreiro e mediados de marzo de 1945.

 

OUTROS LIBROS DE INTERESE:


Zlata Filipovic reúne en Voces robadas a traxedia dos nenos nas guerras.

ZLATA: a Ana Frank de Sarajevo




SITIO WEB OFICIAL DA CASA DE ANA FRANK

WIKIPEDIA E ANA FRANK

GUÍA DE LECTURA

MINISTERIO DE EDUCACIÓN E ANA FRANK

Read Full Post »

 Coma tódolos mozos e mozas da súa idade, Tally espera impacientemente cumpri-los 16 anos para someterse á operación cirúrxica que a converterá en muller perfecta.

A súa amiga Shay foxe para unirse á resistencia, un grupo de disidentes que non queren someterse á Operación e que viven en El Humo, unha cidade clandestina. Despois da fuxida de Shay, as autoridades ofrécenlle a Tally dúas opcións: ou non someterse á Operación e ser imperfecta para sempre, ou ir na procura de Shay e entregala aos axentes de Circunstancias Especiais.

 

Tally Youngblood por fin é perfecta… A súa vida non pode parecer máis feliz. Xunto a Shay e a Peris, goza das festas interminables en Nova Beleza, e está a punto de ser admitida no mellor grupo de perfectos, os Crim, liderado por Zane, o perfecto máis “gamberro” da cidade.

Nunha festa de disfraces Tally coñece a Zane e, grazas a el, atopa unha mensaxe misteriosa…

Esta mensaxe, que ela escribira antes de se entregar aos Especiais, devólvelle os recordos, que a fan consciente do seu pasado e lle traen de volta a vella Tally coa misión de saber que secuelas ten a operación, e, sobre todo, de descubrir se estas son reversibles.

 

Xa pasou tempo desde que Tally era unha imperfecta rebelde e indisciplinada. Daquela para ela os Especiais eran só un rumor sinistro: deles dicíase que eran atractivos, rápidos e poderosos coma ninguén. Ironicamente, o destino levou a Tally a converterse nunha deles e trala máis artificiosa das operacións, a forza, velocidade e claridade do seu pensamento fan que se sinta mellor ca nunca.

Case non recorda nada do pasado, pero cando a Dra Cable lle asigna a misión de acabar coa resistencia, Tally escoitará o seu corazón, onde aínda hai memorias imborrables.

Read Full Post »