De entre a narrativa de Castelao queremos animar á lectura de Retrincos, un conxunto de cinco relatos de carácter autobiográfico que o rianxeiro publicou en 1934 mostrando a condición humana. “O segredo” relata a inocencia infantil, “O retrato” trata sobre o desexo dun pai cun fillo moribundo, “O inglés” narra as pretensións patrióticas dun neno, “Peito de Lobo” amosa a arte plástica de Castelao e “Sabela” retrata o paso do tempo.
A principios do vindeiro curso realizaremos un roteiro por Rianxo.
Se queres saber máis de Castelao, mira en www.museocastelao.org
Advertisements
Teño entendido que este libro esta programado pra o próximo curso, eu quería recomendar outro, que gustoume moito:)
“GRACELING” Autora : Kristing Cashore ^^
Espero que vos guste!!!
Esta é a resposta ós últimos comentarios.
Alegrámonos moito de que por fin decidades formar parte do grupo e queremos agracecervos as vosas recomendacións. Trataremos de buscar información sobre eses libros ( ou podedes dala vos), estudiaremos a posibilidade de poñer películas para o próximo curso e intentaremos continuar con outras actividades. Grazas polo comentario de que a páxina está currada.
Eu de “Graceling” oín cousas del dicindo que estaba moi ben, pero eu aíndo non o lin. O noso prefesor de galego falounos sobre este de castelao e gracias a iso picoume a curiosidade por saber como era. Miña nai,a quen lle gusta este escritor, contara cousas sobre el e os seus libros dicindome que estaban moi ben.
Gracias polas recomendacións! A ver se me animo a ler estes libros!