Podes descargala aquí. Está en pdf.
Archive for the ‘galego’ Category
Revista escolar 2010 – 2011
Posted in galego on Xuño 1, 2011| Leave a Comment »
Non hai misericordia, de Xelís de Toro
Posted in Fomento da lectura, galego on Maio 12, 2011| Leave a Comment »
Esta novela dos noventa do s. XX está escrita en tres mundos narrativos. Atrapa perfectamente o sentir social dos nosos tempos: o que nos fai actuar como seres distantes e categóricos e o que abre o mundo das pulsións máis básicas, como a violencia ou a xustiza máis primitiva.
Este picheleiro, o suxeito da foto, irmán do tamén novelista Suso de Toro, está actualmente impartindo clases de Lingua e Literatura Galega en Gran Bretaña. Recomendado para bacharelato.
Dos arquivos do trasno, Rafael Dieste.
Posted in Autores e autoras, Fomento da lectura, galego, tagged futurista, vida e morte on Marzo 11, 2011| Leave a Comment »
Aquí tes un enlace para un curioso relato de Dieste dos anos vinte do s. XX. Dos arquivos do trasno contén outros máis, que podes atopar en calquera biblioteca. Ao mellor até o tes na casa. Esperamos que che gusten estes relatos cheos de maxia, orixinalidade e humanidade nos seus personaxes.
Decálogo para ser lingüisticamente sostibles
Posted in galego, Idiomas on Maio 18, 2010| Leave a Comment »
Aquí vai un magnífico exemplo de traballo colaborativo e compartido.
Partindo do Decálogo para ser lingüisticamente sostibles, elaborado no ano 2008 polos Servizos Lingüísticos das Universidades Catalás co gallo do Ano Internacional das Linguas, e traducido por Adelia Troncoso do IES Val do Tea (Ponteareas), @s compañeir@s do CEIP Frián de Teis deseñaron este documento no que se nos fala de respecto, tolerancia, liberdade… Esperemos que nos sirva a todos para reflexionar.
Retrincos, de Castelao
Posted in Fomento da lectura, galego, Títulos on Maio 3, 2010| 3 Comments »
De entre a narrativa de Castelao queremos animar á lectura de Retrincos, un conxunto de cinco relatos de carácter autobiográfico que o rianxeiro publicou en 1934 mostrando a condición humana. “O segredo” relata a inocencia infantil, “O retrato” trata sobre o desexo dun pai cun fillo moribundo, “O inglés” narra as pretensións patrióticas dun neno, “Peito de Lobo” amosa a arte plástica de Castelao e “Sabela” retrata o paso do tempo.
A principios do vindeiro curso realizaremos un roteiro por Rianxo.
Se queres saber máis de Castelao, mira en www.museocastelao.org
“Breoghan’s Lighthouse” e “Anthology of Galician Literature”
Posted in Autores e autoras, galego, Idiomas on Maio 2, 2010| Leave a Comment »
Noticia no periódico “O Xornal de Galicia”
Un equipo de tradutores de varias universidades galegas e da británica de Oxford, coordinados polo profesor Antonio Raúl de Toro, director do Instituto Universitario de Investigación de Estudos Irlandeses Amergin (Universidade da Coruña), revisan estes días as probas de imprenta de Breogan’s Lighthouse, unha antoloxía completa da literatura galega dende a época medieval até o ano 2008 que se publicará en edición bilingüe galego-inglés. Non será a única que vexa a luz nesta primavera. O tradutor de Manuel Rivas no mercado anglófono, Jonathan Dunne, prepara outra similar. Titularase Anthology of Galician Literatura e chegará ás librarías da man de Xerais e Galaxia, as dúas maiores editoriais de Galicia.
Breoghan’s Lighthouse e Anthology of Galician Literature
Roteiro “A praia dos afogados”
Posted in A Praia dos Afogados, galego, Títulos, Villar- Domingo on Abril 13, 2010| 11 Comments »
Posted in galego, Idiomas, tagged galego, Idiomas on Marzo 11, 2010| 3 Comments »
ORGULLOS@S DO GALEGO
A Coordinadora de E.N.D.L. presentou a súa campaña “Orgullosos do noso, orgullosos do galego“, que pretende transmitir na comunidade educativa, e na sociedade, un sentimento de orgullo pola nosa lingua como sentimento común de todos os galegos á marxe da orixe, a ideoloxía ou o credo. Dende a CGENDL considérase que a lingua galega é un elemento de unión e un rico patrimonio de futuro que nos dota de identidade e nos conecta con millóns de persoas en todo o mundo. E esa é unha das mensaxes que, no momento en que estamos, cremos que hai que lanzar á sociedade.