Un paseo por Ollos de auga con fotos de Vigo e textos do libro
Posted in Autores e autoras, Ollos de Auga, Títulos, Villar- Domingo, tagged Domingo Villar, galego, Leo Caldas, novela policíaca, Ollos de Auga, Vigo on Marzo 4, 2010| Leave a Comment »
Posted in A Praia dos Afogados, Autores e autoras, Ollos de Auga, Títulos, Vídeo con información interesante e atractiva sobre estes libros, Villar- Domingo, tagged Domingo Villar, galego, Leo Caldas, novela policíaca, novela xuvenil, Roteiro literario, Vigo on Marzo 4, 2010| Leave a Comment »
Posted in A Praia dos Afogados, Autores e autoras, Títulos, Villar- Domingo, tagged Domingo Villar, galego, Leo Caldas, Novela de detectives, Novela negra, novela policíaca, Vigo on Marzo 4, 2010| 3 Comments »
Ed. Galaxia
Ano: 2009
Xénero: Narrativa
Despois do éxito de Ollos de auga, Domingo Villar preséntanos A praia dos afogados, unha apaixonante novela de intriga que mete o lector no mundo da Galicia mariñeira.
A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre persoas que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis insoportable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca dos galegos.
Posted in Autores e autoras, Ollos de Auga, Títulos, Villar- Domingo, tagged Domingo Villar, galego, novela policíaca, Ollos de Auga, Roteiro literario, Vigo on Marzo 4, 2010| Leave a Comment »
Bar Puerto. Rúa Arenal, 30
Vigo
Primeira taberna literaria de Galicia. Bos viños e tapas
A rúa Urzáiz, en dirección á parte alta do Calvario
O Elixio. Travesía da Aurora (Príncipe) s/n
A Illa de Toralla é un dos exemplos máis ilustrativos que hai en Vigo do que é capaz “dona especulación”.
Nun marco incomparable como é o da ría de Vigo, sitúase este fermoso arquipélago que constituía non hai moito unha das máis fermosas estampas da cidade. Porque hoxe en día esta bonita illa se atopa urbanizada.
Na década dos 60 cometeuse nela un auténtico atentado ecolóxico e permitiuse a construción dunha desproporcionada torre de 70 metros de altura e máis de 30 chalés.
Estas construcións poboan o seu territorio estragando esta gran paisaxe natural e impedindo os cidadáns o seu libre gozo.
Ademais a creación destas vivendas orixinou a construción de muros de formigón para conter os recheos cos que cubriron a zona costeira convertendo a illa nunha artificial plataforma mariña. Por se fose pouco, debaixo das vivendas atópanse dous xacementos arqueolóxicos: un castro da Idade de Ferro e unha necrópole romana.
Praia Lapamán (Bueu)
Posted in Autores e autoras, Ollos de Auga, Títulos, Villar- Domingo, tagged Domingo Villar, galego, Novela de detectives, Novela negra, novela policíaca, Ollos de Auga, Vigo on Marzo 1, 2010| 9 Comments »
OLLOS DE AUGA
Ed. Galaxia
Ano: 2006
Xénero: Narrativa
Domingo Villar (Vigo, 1971) traballou como guionista de cinema e de televisión. Coa súa primeira novela, Ollos de auga obtivo o Premio Frei Martín Sarmiento (concedido por alumnos e alumnas lectores de toda Galicia) e, coa súa tradución para o castelán tamén os premios Sintagma e Brigada 21. Foi finalista en dúas categorías dos Crime Thriller Awards en Gran Bretaña. Publicada en doce países, a primeira novela protagonizada polo inspector Leo Caldas é un dos libros máis vendidos entre os lectores e lectoras galegos.
Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas máis diversas. O seu axudante, Rafael Estévez, é un aragonés destinado na cidade, un elemento estraño en terra hostil cun carácter demasiado impetuoso para os seus novos veciños. O caso desenvolverase entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e afectada da alta burguesía viguesa.
O guionista de cine e cómic Carlos Portela está adaptando ó cine a novela Ollos de Auga. Jorge Coira será quen se encargue da súa dirección.