Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘vida e morte’

O nazismo e o holocausto están presentes na Literatura Xuvenil dende hai moitos anos. Soldados de plomo é unha novela sobre o nazismo que paga a pena destacar. É un relato autobiográfico que trata o tema da II Guerra Mundial e a persecucción dos xudeus polos nazis dunha  maneira realista e nada inxenua nin candorosa.

Sinopse: Varsovia, Segunda Guerra Mundial, asedio nazi sobre os xudeus polacos. Nesta novela a historia fala de inxustiza, de sufrimentos, de marxinados e de perseguidos. Non obstante, a través dos ollos do mozo Yùrek ábrese unha porta á solidariedade, á amizade, á esperanza dun futuro de paz onde xa non existan vencedores nin vencidos.

Uri Orlev naceu en Varsovia (Polonia) en 1931. Durante a ocupación nazi vivíu nun gueto desa cidade coa súa nai e o seu irmán pequeno, logo foi deportado ó campo de concentración de Bergen-Belsen. Despois da guerra, trasladouse a Israel e agora vive en Xerusalén.

No ano 1996 concedéuselle o premio Hans Christian Andersen, a máis alta distinción outorgada a escritores de literatura infantil e xuvenil.

Maite Ricart  entrevistou a  Uri Orlev en  Barcelona  en setembro de 1999, onde di que cando era neno lía moitos libros e sentía ciúmes dos heroes porque lles pasaban moreas de cousas e a el non.

Ao comezar a guerra todo cambiou. Varsovia ardía, a súa familia e mais el corrían polas rúas para salvarse e durante a guerra sentiuse un heroe de novela. A infancia que aparece nos seus libros, cheos de feitos terribles, excitantes, emocionantes, foi a que lle tocou vivir e que sempre fala dese período coma se fose un neno.

Nesa entrevista conta que o seu primeiro relato para nenos,  El monstruo de la oscuridad, o escribiu para participar nun concurso radiofónico que gañou. Era a historia dun neno que se facía amigo dun monstro que axexaba na escuridade. O autor confesa que de neno, no gueto, tiña máis medo da escuridade e dos fantasmas ca dos gardas alemáns. Cando se publicou o seu primeiro libro, Soldados de plomo, este ía dirixido a un público adulto pero nalgúns paises editouse en coleccións xuvenís e un periodista comentou que podería ser un bo escritor de literatura infantil e xuvenil.

Read Full Post »

Aquí tes un enlace para un curioso relato de Dieste dos anos vinte do s. XX. Dos arquivos do trasno contén outros máis, que podes atopar en calquera biblioteca. Ao mellor até o tes na casa. Esperamos que che gusten estes relatos cheos de maxia, orixinalidade e humanidade nos seus personaxes.

O NENO SUICIDA

Read Full Post »

EN BUSCA DEL AZUL. LIBRO II. THE GIVER

Autor: Lowry, Lois

SINOPSIS: Nora, una huérfana con una pierna torcida, vive en un mundo donde los “débiles” son dejados de lado. Desde el momento en que muere su madre, teme por su futuro hasta que es perdonada por el poderoso Consejo de Guardianes. La razón es que Nora tiene un don: sus dedos poseen la habilidad de bordar de manera extraordinaria. Supera con creces a la habilidad que mostraba su madre, por lo que se le encomienda una tarea que ningún otro miembro de la comunidad puede desarrollar. Mientras su talento la mantiene viva y le supone ciertos privilegios, se da cuenta de que está rodeada de misterios y secretos. Nadie debe saber de su intención de descubrir la verdad sobre su mundo, además de averiguar qué existe más allá de sus límites.

La libertad y seguridad, la dignidad, el poder, el trabajo, la jerarquización, la vida y la muerte son algunos de los muchos temas de esta magnífica novela de la afamada escritora Lois Lowry (El Dador, Premio Newbwery), que cautivará al joven lector, además de hacerle reflexionar sobre el mundo en que vivimos.

EN BUSCA DO AZUL. LIBRO II. THE GIVER

SINOPSE: Nora, unha orfa cunha perna torta, vive nun mundo onde os “débiles” son deixados de lado. Dende o momento en que morre súa nai, teme polo seu futuro até que é perdoada polo poderoso Consello de Gardiáns. A razón é que Nora ten un don: os seus dedos posúen a habelencia de bordar de manera extraordinaria. Supera moito á habilidade que amosaba súa nai, polo que se lle encomenda unha tarefa que ningún outro membro da comunidade pode desenvolver. Mentres o seu talento a mantén viva e lle supón certos privilexios, dáse de conta de que está rodeada de misterios e segredos. Ninguén debe saber da súa intención de descubrir a verdade sobre o seu mundo, ademais de saber que existe máis alá dos seus límites.

A liberdade e seguridade, a dignidade, o poder, o traballo, a xerarquización, a vida e a morte son algúns dos moitos temas desta magnífica novela da afamada escritora Lois Lowry (O Dador, Premio Newbwery), que cativará ao lector mozo, ademais de facerlle reflexionar sobre o mundo en que vivimos.

Read Full Post »