Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘Novela negra’

Ed. Galaxia

Ano: 2009

Xénero: Narrativa

Despois do éxito de Ollos de auga, Domingo Villar preséntanos A praia dos afogados, unha apaixonante novela de intriga que mete o lector no mundo da Galicia mariñeira.

A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre persoas que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis insoportable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca dos galegos.

Read Full Post »

OLLOS DE AUGA


Escrit or: Domingo Villar

Ed. Galaxia
Ano: 2006

Xénero: Narrativa

Domingo Villar (Vigo, 1971) traballou como guionista de cinema e de televisión. Coa súa primeira novela, Ollos de auga obtivo o Premio Frei Martín Sarmiento (concedido por alumnos e alumnas lectores de toda Galicia) e, coa súa tradución para o castelán  tamén os premios Sintagma e Brigada 21. Foi finalista en dúas categorías dos Crime Thriller Awards en Gran Bretaña. Publicada en doce países, a primeira novela protagonizada polo inspector Leo Caldas é un dos libros máis vendidos entre os lectores e lectoras galegos.

Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas máis diversas. O seu axudante, Rafael Estévez, é un aragonés destinado na cidade, un elemento estraño en terra hostil cun carácter demasiado impetuoso para os seus novos veciños. O caso desenvolverase entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e afectada da alta burguesía viguesa.

O guionista de cine e cómic Carlos Portela está adaptando ó cine a novela Ollos de Auga. Jorge Coira será quen se encargue da súa dirección.

Read Full Post »