Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘morte’

Joseph Joffo naceu en Francia en 1931 e na súa novela cóntanos como foi a súa vida desde que en 1940 os nazis chegan a París,  orixinando a súa fuxida e a do seu irmán Maurice. Na costa mediterranea  reúnense cos seus irmáns maiores e alí vivirán seguros durante un tempo pero cando está zona deixa de ser libre teñen que poñerse en marcha outra vez. Viaxan a pé, en tren, autobús e en calesa. Pasan fame, frío, medo e aprenden a sobrevivir.

Joseph tiña dez anos cando a historia comeza e non entende que está pasando. Todo o vemos a través dos ollos inxenuos dese pequeño xudeu: a guerra, a persecución que sofren os comunistas, os xudeus, os resistentes… e a morte.

Read Full Post »

Podes ter información moi completa sobre os dous primeiros libros, xa publicados, desta triloxía.

losjuegosdelhambre

 

Nun opresor mundo futuro onde as guerras deixaron un país dividido en doce distritos baixo o poder tiránico do Capitolio, o importante non é só manter a raia os sometidos senón brindárlle-lo espectáculo da submisión. Cada ano o Capitolio organiza un evento televisivo chamado Os Xogos da Fame. Os elixidos no sorteo teñen que loitar a morte ata que quede un só supervivente e os cidadáns están obrigados a ver este reality show.

Suzanne Collins fainos ver ata onde podería chegar un Grande Irmán entolecido nunha sociedade sen ética nin moral.

Chegou a hora: Katniss ten que LOITAR PARA SOBREVIVIR.

 

Katniss logrou  o que parecía imposible: non só sobreviviu aos  Xogos da Fame senón que conseguiu que Peeta tamén saíse con vida. Isto é un desafío ao Capitolio, e todos saben que o Capitolio nin esquece nin perdoa.

A parella procura manter ante o público o papel de namorados, que lles permitiu sobrevivir… e que quizais sexa máis sincero do que parece. Ademais corre o rumor de que hai unha rebelión contra o Capitolio. Katniss e Peeta poderían se-los culpables do seu comezo.

 En Llamas, segunda novela da triloxía, continúa a historia de Katniss Everdeen. O relato sométea a probas inda máis difíciles e sorprende unha e outra vez aos lectores. O CAPITOLIO QUERE VINGANZA.

 

Read Full Post »