Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘Integración’

Autor: David Lozano
Editorial: SM
Ano de publicación: 2006
Número de páxinas: 261
Xénero: Novela

“Uno ignora su propia fuerza interior hasta que la pone a prueba”.

Esta é unha frase do libro Donde surgen las sombras, do escritor aragonés David Lozano. Con esta novela obtivo o premio Gran Angular da editorial SM no ano 2006.

 

“Mi novela – dixo David Lozano – es una historia de atmósferas tenebrosas, un relato donde triunfa la amistad y donde se entremezclan las emociones y el suspense”.

 

Álex, un adolescente afeccionado aos videoxogos, non parece ter ningún problema ata que un  día  desaparece sen dar explicacións despois de entrar por error nun estraño videoxogo. Este feito coincide co asasinato de tres persoas en atroces circunstancias. Coa axuda dun inspector de policía, os seus amigos inician unha busca chea de sorpresas polas zonas máis escuras e perigosas da cidade. As pistas que van seguindo condúcenos a un mundo subterráneo de túneles e sumidoiros. Un mundo moi parecido a un xogo de rol, pero esta vez, de verdade.

 

A historia atrapará o lector desde as primeiras páxinas e será difícil non intentar saber que ocorreu aquela noite, diante dunha pantalla de ordenador, e que ou quen está detrás desas mortes. Unha novela de misterio que destaca a forza da amizade na superación de dificultades.

 

PALABRAS CLAVE

Amizade, Relacións de grupo, Integración, Identidade propia, Solidarizade, Violencia, Ordenador.

Outras obras do mesmo autor:

 

 

Read Full Post »