OLLOS DE AUGA

Escrit or: Domingo Villar
Ed. Galaxia
Ano: 2006
Xénero: Narrativa
Domingo Villar (Vigo, 1971) traballou como guionista de cinema e de televisión. Coa súa primeira novela, Ollos de auga obtivo o Premio Frei Martín Sarmiento (concedido por alumnos e alumnas lectores de toda Galicia) e, coa súa tradución para o castelán tamén os premios Sintagma e Brigada 21. Foi finalista en dúas categorías dos Crime Thriller Awards en Gran Bretaña. Publicada en doce países, a primeira novela protagonizada polo inspector Leo Caldas é un dos libros máis vendidos entre os lectores e lectoras galegos.
Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas máis diversas. O seu axudante, Rafael Estévez, é un aragonés destinado na cidade, un elemento estraño en terra hostil cun carácter demasiado impetuoso para os seus novos veciños. O caso desenvolverase entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e afectada da alta burguesía viguesa.
O guionista de cine e cómic Carlos Portela está adaptando ó cine a novela Ollos de Auga. Jorge Coira será quen se encargue da súa dirección.
Read Full Post »