Inverno de 1943 nun val dos Pireneos franceses. Uns guías son capturados mentres intentaban evacuar seis fillos de membros da Resistencia cara a España. Apenas tiveron tempo de agachar os seus protexidos, e néganse a entregalos. Anoxados, as SS execútanos . Tras buscaren infrutuosamente aos nenos, os verdugos deciden abandonalos ao frío, destruíndo a única pasarela pola que poderían voltar ó val. Os seis rapaces son agora prisioneros da montaña, e o inverno só está comezando. Deberán organizarse, atopar víveres e lume, e superar as diferenzas sociais e relixiosas –hai fillos de comunistas e de burgueses, de xudeus e de cristiáns– para teren algunha posibilidade de sobrevivir.
A novela narra o vivido por seis mozos, rapaces e rapazas, fillos de membros da Resistencia nos Pireneos durante o inverno de 1943. Os seus pais non querían poñer en perigo a vida dos seus fillos, por iso os deixaron nas mans duns guías de montaña. Cando os seus guías son asasinados polos nazis, eles teñen que organizarse para sobrevivir, mostrando a capacidade de superación do ser humano en condicións extremas e acaban formando unha pequena familia. E xuntos teñen que loitar contra os dous grandes inimigos: o inverno e os nazis.
Los niños del invierno ten realismo, crueldade, pero tamén delicadeza, amor, amizade. Os protagonistas representan moitos nenos e mozos do Pireneo francés que foron separados das súas familias durante a guerra. A novela non está baseada en feitos reais, pero o contorno, os nomes xeográficos e a situación histórica si o son. O inverno e a alta montaña están sempre presentes no libro. A Resistencia traballou arreo nos Pireneos xunto a guerrilleiros españois, e foron moitos os rapazes que pasaron clandestinamente a fronteira entre Francia e España fuxindo dos alemáns e que hoxe viven aquí ou voltaron a Francia.