Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘amizade’

O nazismo e o holocausto están presentes na Literatura Xuvenil dende hai moitos anos. Soldados de plomo é unha novela sobre o nazismo que paga a pena destacar. É un relato autobiográfico que trata o tema da II Guerra Mundial e a persecucción dos xudeus polos nazis dunha  maneira realista e nada inxenua nin candorosa.

Sinopse: Varsovia, Segunda Guerra Mundial, asedio nazi sobre os xudeus polacos. Nesta novela a historia fala de inxustiza, de sufrimentos, de marxinados e de perseguidos. Non obstante, a través dos ollos do mozo Yùrek ábrese unha porta á solidariedade, á amizade, á esperanza dun futuro de paz onde xa non existan vencedores nin vencidos.

Uri Orlev naceu en Varsovia (Polonia) en 1931. Durante a ocupación nazi vivíu nun gueto desa cidade coa súa nai e o seu irmán pequeno, logo foi deportado ó campo de concentración de Bergen-Belsen. Despois da guerra, trasladouse a Israel e agora vive en Xerusalén.

No ano 1996 concedéuselle o premio Hans Christian Andersen, a máis alta distinción outorgada a escritores de literatura infantil e xuvenil.

Maite Ricart  entrevistou a  Uri Orlev en  Barcelona  en setembro de 1999, onde di que cando era neno lía moitos libros e sentía ciúmes dos heroes porque lles pasaban moreas de cousas e a el non.

Ao comezar a guerra todo cambiou. Varsovia ardía, a súa familia e mais el corrían polas rúas para salvarse e durante a guerra sentiuse un heroe de novela. A infancia que aparece nos seus libros, cheos de feitos terribles, excitantes, emocionantes, foi a que lle tocou vivir e que sempre fala dese período coma se fose un neno.

Nesa entrevista conta que o seu primeiro relato para nenos,  El monstruo de la oscuridad, o escribiu para participar nun concurso radiofónico que gañou. Era a historia dun neno que se facía amigo dun monstro que axexaba na escuridade. O autor confesa que de neno, no gueto, tiña máis medo da escuridade e dos fantasmas ca dos gardas alemáns. Cando se publicou o seu primeiro libro, Soldados de plomo, este ía dirixido a un público adulto pero nalgúns paises editouse en coleccións xuvenís e un periodista comentou que podería ser un bo escritor de literatura infantil e xuvenil.

Read Full Post »

 

 Inverno de 1943 nun val dos Pireneos franceses. Uns guías son capturados mentres intentaban evacuar seis fillos de membros da Resistencia cara a España. Apenas tiveron tempo de agachar os seus protexidos, e néganse a entregalos. Anoxados, as SS execútanos . Tras  buscaren infrutuosamente aos nenos, os verdugos deciden abandonalos ao frío, destruíndo a única pasarela pola que poderían voltar ó val. Os seis rapaces son agora prisioneros da montaña, e o inverno só está comezando. Deberán organizarse, atopar víveres e lume, e superar as diferenzas sociais e relixiosas –hai fillos de comunistas e de burgueses, de xudeus e de cristiáns– para teren algunha posibilidade de sobrevivir.

 

 

A novela narra o vivido por seis mozos, rapaces e rapazas, fillos de membros da Resistencia nos Pireneos durante o inverno de 1943. Os seus pais non querían poñer en perigo a vida dos seus fillos, por iso os deixaron nas mans duns guías de montaña. Cando os seus guías son asasinados polos nazis, eles teñen que organizarse para sobrevivir, mostrando a capacidade de superación do ser humano en condicións extremas e acaban formando unha pequena familia. E xuntos teñen que loitar contra os dous grandes inimigos: o inverno e os nazis.

Los niños del invierno ten realismo, crueldade, pero tamén delicadeza, amor, amizade.  Os protagonistas representan moitos nenos e mozos do Pireneo francés que foron separados das súas familias durante a guerra. A novela non está baseada en feitos reais, pero o contorno, os nomes xeográficos e a situación histórica si o son.  O inverno e a alta montaña están  sempre presentes no libro. A Resistencia traballou arreo nos Pireneos xunto a guerrilleiros españois, e foron moitos os rapazes que pasaron clandestinamente a fronteira entre Francia e España fuxindo dos alemáns e que hoxe viven aquí ou voltaron a Francia.

Read Full Post »

Unha entrevista con Lois Lowry


Read Full Post »

Vídeo suxestivo de O Dador

Read Full Post »

EL DADOR DE RECUERDOS. LIBRO I. THE GIVER

O Dador
AutorL: Lois Lowry
Editorial: Everest Galicia
Idioma: Galego
Colección: Punto de Encontro

SINOPSE: A sociedade na que vive Xonás é a perfecta descripción do mundo perfecto. Todo está baixo control; non hai cores, nin música, non hai guerra, nin posibilidade de elección. Cada persoa axústase ás Normas da súa Comunidade.
Cando Xonás cumple os 12 anos y debe ser asignado a unha profesión; é elexido para una función moi especial y única na súa comunidade. Na súa formación descubrirá as verdades que subxacen baixo a fráxil perfección do seu mundo.
Suxerente novela de ciencia ficción, sobre una sociedad utópica que segue los pasos das mellores novelas futuristas coma Un mundo feliz, 1984, Farenheit 45…

Considerado un dos 100 mellores libros da historia da literatura xuvenil, trata sobre temas tan importantes como a libertade, o control da información, o medo, os sentimentos, a amizade…

Read Full Post »