OBRAS gañadoras.
Archive for the ‘Uncategorized’ Category
Concurso de relatos, cartas e poemas de amor. Obras gañadoras.
Posted in Especiais, Fomento da lectura, Uncategorized on Xuño 1, 2011| Leave a Comment »
ROTEIRO “AS SETE PORTAS DE COMPOSTELA”
Posted in Uncategorized on Abril 27, 2011|
A tarde do xoves 14 de abril un grupo de alumnos do IES Cacheiras pertencentes ao club de lectura Raiña Lupa, acompañados por varios profesores e profesoras dese instituto e guiados pola profesora e historiadora Encarna Otero, participaron nun roteiro que tiña como temática AS SETE PORTAS DE COMPOSTELA: Faxeira, da Mámoa, de Mazarelos, do Camiño, da Pena, de San Francisco e da Trindade.
O percorrido durou dúas horas e resultou moi ameno xa que os datos históricos ían acompañados de numerosas anécdotas. Tamén recibimos información bibliográfica acerca de lecturas interesantes relacionadas coa cidade de Compostela (parte do alumnado xa leu algunhas delas).
TRECE BADALADAS, de Suso de Toro
NO VENTRE DO SILENCIO, de X.L. Méndez Ferrín
OS BOLECHAS : UNHA NOITE EN COMPOSTELA, de Pepe Carreiro
COMPOSTELA, HISTORIA DUNHA LENDA, de Pepe Carreiro
O TRÁNSITO DOS GRAMÁTICOS, de Marilar Aleixandre
A TECEDEIRA DE BONAVAL, de Antonio López Ferreiro
FRAGMENTOS DE APOCALIPSE, de Gonzalo Torrente Ballester.
Dámoslle as grazas a Encarna Otero por compartir con nós o seu tempo e os seus coñecementos.
LA HABITACIÓN DE ARRIBA, de Johanna Reiss
Posted in La habitación de arriba de Johanna Reiss, Uncategorized, tagged esperanza, galego, II guerra mundial, nazismo, novela xuvenil, solidaridade, supervivencia, xenerosidade on Abril 25, 2011| Leave a Comment »
La habitación de arriba, de Johanna Reiss:
As causas, o desenvolvemento e o auxe do nazismo en Alemania aparecen resumidos pola autora na introdución facilitando o coñecemento e a comprensión desta época. Johanna Reiss narra a súa experiencia persoal durante a Segunda Guerra Mundial, unha nena xudía que vivía en Holanda e que sente perigar a súa vida. A súa familia vese obligada a separarse e agacharse dos alemáns para evitar ser levados a campos de concentración. Annie tiña 6 anos en 1938 ao comenzo da novela, cando os alemáns invaden Austria e durante sete anos as súas palabras, a súa visión inocente, interpretan os acontecementos.
A través deste relato autobiográfico coñecemos os horrores daquel momento, o sufrimento do pobo xudeu, pero tamén a xenerosidade, o compromiso e a esperanza para enfrontarse á barbarie nazi.
LOS NIÑOS DEL INVIERNO, de Gilbert Bordes
Posted in Los niños del invierno de Gilbert Bordes, Uncategorized, tagged amizade, amor, clandestinidade, nazismo, novela xuvenil on Abril 10, 2011| Leave a Comment »
Inverno de 1943 nun val dos Pireneos franceses. Uns guías son capturados mentres intentaban evacuar seis fillos de membros da Resistencia cara a España. Apenas tiveron tempo de agachar os seus protexidos, e néganse a entregalos. Anoxados, as SS execútanos . Tras buscaren infrutuosamente aos nenos, os verdugos deciden abandonalos ao frío, destruíndo a única pasarela pola que poderían voltar ó val. Os seis rapaces son agora prisioneros da montaña, e o inverno só está comezando. Deberán organizarse, atopar víveres e lume, e superar as diferenzas sociais e relixiosas –hai fillos de comunistas e de burgueses, de xudeus e de cristiáns– para teren algunha posibilidade de sobrevivir.
A novela narra o vivido por seis mozos, rapaces e rapazas, fillos de membros da Resistencia nos Pireneos durante o inverno de 1943. Os seus pais non querían poñer en perigo a vida dos seus fillos, por iso os deixaron nas mans duns guías de montaña. Cando os seus guías son asasinados polos nazis, eles teñen que organizarse para sobrevivir, mostrando a capacidade de superación do ser humano en condicións extremas e acaban formando unha pequena familia. E xuntos teñen que loitar contra os dous grandes inimigos: o inverno e os nazis.
Los niños del invierno ten realismo, crueldade, pero tamén delicadeza, amor, amizade. Os protagonistas representan moitos nenos e mozos do Pireneo francés que foron separados das súas familias durante a guerra. A novela non está baseada en feitos reais, pero o contorno, os nomes xeográficos e a situación histórica si o son. O inverno e a alta montaña están sempre presentes no libro. A Resistencia traballou arreo nos Pireneos xunto a guerrilleiros españois, e foron moitos os rapazes que pasaron clandestinamente a fronteira entre Francia e España fuxindo dos alemáns e que hoxe viven aquí ou voltaron a Francia.
CONCURSO DE RELATOS, CARTAS E POEMAS DE AMOR. Anímate a participar!!!!!!!!
Posted in Uncategorized on Xaneiro 16, 2011| Leave a Comment »
Bases:
1- A temática xirará arredor do amor.
2 – A extensión dos traballos será:
a) Relato: – mínima dunha páxina e máxima de catro páxinas.
b) Carta: – máxima dúas páxinas.
c) Poema: – mínima de dez e máxima de cen versos.
Poderán ser textos mecanografados ou manuscritos.
3 – Os traballos serán orixinais e inéditos e poden redactarse en lingua galega ou castelá.
4 – Os participantes utilizarán pseudónimos e meterán nun sobre pechado o nome real.
5 – Haberá premios para os dous mellores traballos de cada categoría (relato, carta, poema) en cada un dos seguintes grupos: 1º ciclo da ESO / 2º ciclo da ESO / Bacharelato. Estes poderán ser declarados desertos.
6 – Presentaranse os orixinais na biblioteca ata o luns 14 de febreiro de 2011. Os traballos que se reciban despois deste día non entrarán no concurso.
7- O xurado estará integrado por cinco persoas: profesorado e alumnado do club de lectura e biblioteca. A resolución do xurado darase a coñecer o luns 28 de febreiro de 2011.
8 – A participación neste concurso implica o consentimento do autor/a para a divulgación da obra presentada nas páxinas web da biblioteca e do club de lectura Raíña Lupa se se considera oportuno.
9 – A participación nesta convocatoria implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas presentes bases.
Obras premiadas no concurso de relatos de terror
Posted in Uncategorized on Decembro 9, 2010| 4 Comments »
CERTAME DE RELATOS DE TERROR
Posted in Uncategorized on Outubro 21, 2010| Leave a Comment »
AUSLANDER de Paul Dowswell
Posted in Uncategorized, tagged AUSLANDER de Paul Dowswell, nazismo, novela xuvenil, segunda guerra mundial, thriller on Outubro 20, 2010| 1 Comment »

O ritmo da novela, tranquilo nun principio, vaise incrementando e na última parte alcánzase a tensión propia dun relato de suspense. O lector sofre e preocúpase pola sorte que poidan ter os seus protagonistas.
O decreto sobre o idioma
Posted in Uncategorized on Xuño 4, 2010| Leave a Comment »
Calca no enlace para ve-la interpretación da Coordinadora dos ENDL de Galiza.
Visita ás bibliotecas Ánxel Casal e Xeografía e Historia
Posted in Uncategorized on Xuño 2, 2010| 4 Comments »