Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Idiomas’ Category

Aquí vai un magnífico exemplo de traballo colaborativo e compartido.

Partindo do Decálogo para ser lingüisticamente sostibles, elaborado no ano 2008 polos Servizos  Lingüísticos das Universidades Catalás co gallo do Ano Internacional das Linguas, e traducido por Adelia Troncoso do IES Val do Tea (Ponteareas), @s compañeir@s do  CEIP Frián de Teis deseñaron este documento no que se nos fala de respecto, tolerancia, liberdade… Esperemos que nos sirva a todos para reflexionar.

Advertisements

Read Full Post »

Noticia no periódico “O Xornal de Galicia”

Un equipo de tradutores de varias universidades galegas e da británica de Oxford, coordinados polo profesor Antonio Raúl de Toro, director do Instituto Universitario de Investigación de Estudos Irlandeses Amergin (Universidade da Coruña), revisan estes días as probas de imprenta de Breogan’s Lighthouse, unha antoloxía completa da literatura galega dende a época medieval até o ano 2008 que se publicará en edición bilingüe galego-inglés. Non será a única que vexa a luz nesta primavera. O tradutor de Manuel Rivas no mercado anglófono, Jonathan Dunne, prepara outra similar. Titularase Anthology of Galician Literatura e chegará ás librarías da man de Xerais e Galaxia, as dúas maiores editoriais de Galicia.

Breoghan’s Lighthouse e Anthology of Galician Literature

Read Full Post »

ORGULLOS@S DO GALEGO

A Coordinadora de E.N.D.L. presentou a súa campaña “Orgullosos do noso, orgullosos do galego“, que pretende transmitir na comunidade educativa, e na sociedade, un sentimento de orgullo pola nosa lingua  como sentimento común de todos os galegos á marxe da orixe, a ideoloxía ou o credo. Dende a CGENDL considérase que a lingua galega é un elemento de unión e un rico patrimonio de futuro que nos dota de identidade e nos conecta con millóns de persoas en todo o mundo. E esa é unha das mensaxes que, no momento en que estamos, cremos que hai que lanzar á sociedade.


Read Full Post »