Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Celso Fernández Sanmartín’ Category

Obra

·        Divagacións iú (edición de autor, 1991)

·        O tigre das cenorias (edición de autor, 1994)

·        Sen título (edición de autor, 1995)

·         Propiamente son captivo (Letras de Cal, 1997)

·        Fucsia, talladas, estampados, boca (Imprenta Librería Alvarellos,2001).

Celso Fernández Sanmartín, nado en Lalín en 1969, licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, é un poeta e contador de contos galego.

Galiza é unha terra con gran tradición oral e os contadores de contos están nun bo momento. Celso Fernández Sanmartín transmite ó seu público historias e contos de Lalín, a súa vila natal, onde traballou como animador e coordinador das actividades desenvolvidas na residencia da terceira idade “ Nosa Señora das Dores”.

Celso está en contacto con persoas maiores do seu contorno, en residencias onde colabora ou percorrendo aldeas na procura de historias; e, cando el transmite esas historias, dálles un toque persoal. Ás veces  un conto está feito de outros varios e introdúcese algunha anécdota que o fai diferente e con estilo propio.

Comenzou a contar contos hai máis de quince anos na Casa da Xuventude en Lalín e a partir dese momento a súa presenza é solicitada en colexios, institutos, residencias… Colabora coa Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela, onde cada dúas semanas ten sesións para os máis pequenos da cidade.

A súa actividade narrativa é cada vez maior e realiza actuacións en diversos lugares dentro e fóra de Galiza.

 

Read Full Post »