Posted in A Praia dos Afogados, galego, Títulos, Villar- Domingo on Abril 13, 2010| 11 Comments »
Posted in A Praia dos Afogados, Autores e autoras, Ollos de Auga, Títulos, Vídeo con información interesante e atractiva sobre estes libros, Villar- Domingo, tagged Domingo Villar, galego, Leo Caldas, novela policíaca, novela xuvenil, Roteiro literario, Vigo on Marzo 4, 2010| Leave a Comment »
Posted in A Praia dos Afogados, Autores e autoras, Ollos de Auga, Títulos, Villar- Domingo, tagged A Praia dos Afogados, Domingo Villar, Entrevista radiofónica, galego, Leo Caldas, novela policíaca, Ollos de Auga on Marzo 4, 2010| Leave a Comment »
Posted in A Praia dos Afogados, Autores e autoras, Títulos, Villar- Domingo, tagged Domingo Villar, galego, Leo Caldas, Novela de detectives, Novela negra, novela policíaca, Vigo on Marzo 4, 2010| 3 Comments »
Ed. Galaxia
Ano: 2009
Xénero: Narrativa
Despois do éxito de Ollos de auga, Domingo Villar preséntanos A praia dos afogados, unha apaixonante novela de intriga que mete o lector no mundo da Galicia mariñeira.
A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre persoas que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis insoportable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca dos galegos.