Joseph Joffo naceu en Francia en 1931 e na súa novela cóntanos como foi a súa vida desde que en 1940 os nazis chegan a París, orixinando a súa fuxida e a do seu irmán Maurice. Na costa mediterranea reúnense cos seus irmáns maiores e alí vivirán seguros durante un tempo pero cando está zona deixa de ser libre teñen que poñerse en marcha outra vez. Viaxan a pé, en tren, autobús e en calesa. Pasan fame, frío, medo e aprenden a sobrevivir.
Joseph tiña dez anos cando a historia comeza e non entende que está pasando. Todo o vemos a través dos ollos inxenuos dese pequeño xudeu: a guerra, a persecución que sofren os comunistas, os xudeus, os resistentes… e a morte.
Deixar un comentario