Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for 20 Outubro 2010

 

Un ataque extraterrestre extingue a humanidade. A Terra fica nun planeta baleiro de vida. Por unha casualidade, Alba e Dídac conseguen librarse do exterminio. Tras comprobaren que son os únicos que sobreviviron, comezan unha nova andaina na que a amizade, a solidariedade, a maduración e a descuberta do amor farán agromar a esperanza dunha nova civilización.

Foi levada á televisión por medio dunha serie de grande éxito producida e emitida por TV3. Recentemente a produtora catalá Antàrtida Produccions, de Carles Porta, adquiriu os dereitos de adaptación cinematográfica da popular novela de Manuel de Pedrolo, que está preparando a súa produción para o salto ao cine. A película estará dirixida polo director de cine Bigas Luna e o guión asínao o propio Luna, o produtor Carles Porta e os guionistas Marcel Barrena e David Victori.

Read Full Post »

A acción transcorre en Berlín durante a Segunda Guerra Mundial. Tras a morte de seus pais a finais do 1939, Piotr, un mozo polaco de 14 anos, é enviado a un orfanato en Varsovia.
   

 

 

 

Pero Piotr é un Volksdeutscher, de sangue alemán, ten o cabelo louro e os ollos azuis; é o perfecto prototipo das Xuventudes Hitlerianas. O profesor Kaltenbach e a  súa muller, unha parella de fervorosos nazis con tres fillas, están encantados de acoller un ario tan estupendo no seu fogar. O rapaz séntese agradecido de ter mellor sorte ca moitos dos seus compatriotas, obrigados a traballar en exceso ou asasinados. Piotr pasa a ser Peter, adáptase á súa nova vida, quere ser un verdadeiro nazi e únese ás Xuventudes Hitlerianas. Pero pronto a súa actitude cara ó nazismo cambia e a través del vemos como descobre que detrás da aparente adulación a Hitler hai moitos disidentes que corren riscos, cómo era a sociedade civil alemá nos tempos da Segunda Guerra Mundial e cómo o Terceiro Reich gobernaba os destinos de todos os cidadáns.

 
 

 

 O ritmo da novela, tranquilo nun principio, vaise incrementando e na última parte alcánzase a tensión propia dun relato de suspense. O lector sofre e preocúpase pola sorte que poidan ter os seus protagonistas.

 

Read Full Post »