Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Maio 2010

 

O 24 de agosto publicarase MOCKINGJAY (Sinsajo en castelán),  última parte da triloxía, nos Estados Unidos. Se tendes moita présa, podedes  lelo  en inglés e, se non, esperade ata principio do 2011.

A portada do libro mostra o paxaro voando nun ceo moi azul. Significará liberdade? 

Pouco se coñece desta terceira parte pero podemos dicir  que Katniss, pese a sobrivivir nos xogos  dúas veces, segue en perigo. O capitolio quere vinganza e advirte que ninguén no distrito 12 está a salvo.

Read Full Post »

Aquí vai un magnífico exemplo de traballo colaborativo e compartido.

Partindo do Decálogo para ser lingüisticamente sostibles, elaborado no ano 2008 polos Servizos  Lingüísticos das Universidades Catalás co gallo do Ano Internacional das Linguas, e traducido por Adelia Troncoso do IES Val do Tea (Ponteareas), @s compañeir@s do  CEIP Frián de Teis deseñaron este documento no que se nos fala de respecto, tolerancia, liberdade… Esperemos que nos sirva a todos para reflexionar.

Read Full Post »

Actividades co gallo do Día das Letras Galegas

Vanse levar a cabo dúas actividades con motivo da celebración do Día das Letras Galegas:

  • Visita ás bibliotecas Ánxel Casal e a da Facultade de Xeografía e Historia en Compostela o día 2 de xuño.

  • Sesión de Contacontos a cargo de Celso Fernández Sanmartín o día 8 de xuño.

Estas actividades deberían ter lugar no mes de maio pero debido a problemas de axenda tivemos que programalas para o mes de xuño.

Read Full Post »

De entre a narrativa de Castelao queremos animar á lectura de Retrincos, un conxunto de cinco relatos de carácter autobiográfico que o rianxeiro publicou en 1934 mostrando a condición humana. “O segredo” relata a inocencia infantil, “O retrato” trata sobre o desexo dun pai cun fillo moribundo, “O inglés” narra as pretensións patrióticas dun neno, “Peito de Lobo” amosa a arte plástica de Castelao e “Sabela” retrata o paso do tempo.

A principios do vindeiro curso realizaremos un roteiro por Rianxo.

Se queres saber máis de Castelao, mira en www.museocastelao.org

Read Full Post »

Noticia no periódico “O Xornal de Galicia”

Un equipo de tradutores de varias universidades galegas e da británica de Oxford, coordinados polo profesor Antonio Raúl de Toro, director do Instituto Universitario de Investigación de Estudos Irlandeses Amergin (Universidade da Coruña), revisan estes días as probas de imprenta de Breogan’s Lighthouse, unha antoloxía completa da literatura galega dende a época medieval até o ano 2008 que se publicará en edición bilingüe galego-inglés. Non será a única que vexa a luz nesta primavera. O tradutor de Manuel Rivas no mercado anglófono, Jonathan Dunne, prepara outra similar. Titularase Anthology of Galician Literatura e chegará ás librarías da man de Xerais e Galaxia, as dúas maiores editoriais de Galicia.

Breoghan’s Lighthouse e Anthology of Galician Literature

Read Full Post »