Hoxe, martes día 13 de abril, o alumnado do IES de Cacheiras (1º Bacharelato, 4ºESO D e seis alumnos de 3º), acompañado polos profesores María Pardo, Chus Santos, Carmen Hombre e Amador Davila, fixemos o roteiro literario polos escenarios da novela A praia dos afogados, de Domingo Villar. O roteiro iniciouse na praia da Madorra para despois visitarmos o Templo Votivo do arquitecto Antonio Palacios. Máis tarde, realizamos a visita ó porto pesqueiro. Todo isto estivo a cargo da actriz Ana Carreira. Para rematarmos, subimos a Monteferro dirixidos polo historiador Xosé Lois Vilar. Todos estes lugares están na vila mariñeira de Panxón, lugar onde transcorre o groso da trama.
Gustoume moito as paisaxes que ten Panxón e coñecer a Domingo Villar pero o que mais me chamou a atención foi a igrexa que era preciosa. O que menos me gustou foi ter que facer a baixada por Monteferro, aínda que as vistas eran preciosas.
Para min o roteiro estivo moi ben, ainda que non nos deixaxen bañarnos na praia, eso foi un punto en contra. jej
Polo demais foi unha experiencia moi boa e o que máis me gustou foron as vistas desde o mirador , eran espectaculares.
E quero destacar tamén os amtipáticos que eran os compañeiros dos outros institutos que eran bastante toxos e poucos sociables. Menos mal que estaba Cacheiras para animar un pouco o ambiente.
Esperamos repetir pronto!!!
Guatoume moito as vistas de Monteferro foron impresionantes.O Roteiro estubo moi bn.A igrexa era bastante rara.Panxon e un lugar moi trankilo e moi bonito.
A visita a Panxón foi moi agradable xa que facia moi bo tempo e tamen foi moi divertido, os guias eran moi agradables xa que facian que todo fose mais ameno. As vistas ao mar eran moi bonitas, os únicos problemas foron ó baixar o monte e o de que non nos puidemos bañar na praia pero todo o demais foi moi divertido, e a comida cos meus compañeiros foi o millor.
Unha experiencia moi boa. Gustoume participar na actuación que fixo a muller sobre o libro. Tamén estivo moi ben o paseo por Monteferro e o discurso do home sobre o tema dos mariñeiros e os seus topónimos. A viaxe en si foi moi entrentida e sobre todo un bo xeito de coñecer mellor lugares da nosa terra.
Pareceume unha boa experiencia xa que con esta excursión tivemos a oportunidade de decatarnos don distintos lugares onde estaba ambientada a obras que limos. Gustoume moito a praia de Panxón e o paseo que fixemos polo monte Ferro xa que faláronnos dos nomes das illas, dos barcos, de personaxes coñecidos…
Eu paseino moi ben. Pareceume interesante viaxar ao mundo de Leo Caldas ainda que na miña imaxinación era todo moi distinto.:D
Encantoume pasear polo porto e paseino xenial na praia c@s compañeir@s.
Estou esperando a ver cando sale a seguinte novela, espero que non sexa moi entravesada 😀
Noelia ten razón os de Tui non tiñan tanta gracia, sempre temos que ir nos a animar a festa jaja
Bueno nada máis que dicir que me encantou a experiencia e espero repetila.
A verdade é que foi unha experiencia moi boa. Gustoume moito que escolleran a distintos rapaces(eu entre eles)para representar alguns dos personaxes; penso que foi unha boa maneira para que tódolos alí presentes prestasen atención a todo o que se falaba do libro. Como non,encantoume os distintos lugares que visitamos pero sobre todo Monteferro, que me parece un lugar marabilloso que persoalmente descoñecía. Tamen hai que recoñecer a sabiduria do home que nos guiou por ali, xa que grazas a él agora coñecemos algo máis sobre os mariñeiros desa zona e os seus topónimos.
En definitiva,que me gustou moitisimo,xa que penso que é moi importante coñecer este tipo de paisaxes marabillosas que podemos atopar na nosa comunidade, e sempre é mais entretido se o fas con compañeiros e amigos teus como foi este caso .
Moi boa a experiencia!!!!!
A min gustoume moito todo :pensei que o autor iba a falar do libro e a súa vida impresionoume como el decidiu deixar todo para escribir e os seus amigos encambio fixeronse ricos.O ROTEIRO gustoume moito porque visitei sitios que non coñecía e ademais porque o pasei moi ben.A pena é que non se podía bañarse un.Pero en definitiva gustoume moito.
Pareceume unha experiencia moi interesante, xa que ademais de coñecer ao autor do libro e pasar un anaco bastante entretido con el, puidemos visitar os lugares máis destacados da obra. Aínda que me gustaron todos, encantoume a praia de Paxón e sobre todo Monteferro. É un recuncho moi bonito da nosa terra que descoñecía e a onde seguramente volverei pronto. Finalmente, creo que os guias que tivemos foron moi simpáticos e fixeron que este roteiro se convertese nunha viaxe moi amena da que seguramente ninguén se esquecerá.