Podes ter información moi completa sobre os dous primeiros libros, xa publicados, desta triloxía.
Nun opresor mundo futuro onde as guerras deixaron un país dividido en doce distritos baixo o poder tiránico do Capitolio, o importante non é só manter a raia os sometidos senón brindárlle-lo espectáculo da submisión. Cada ano o Capitolio organiza un evento televisivo chamado Os Xogos da Fame. Os elixidos no sorteo teñen que loitar a morte ata que quede un só supervivente e os cidadáns están obrigados a ver este reality show.
Suzanne Collins fainos ver ata onde podería chegar un Grande Irmán entolecido nunha sociedade sen ética nin moral.
Chegou a hora: Katniss ten que LOITAR PARA SOBREVIVIR.
Katniss logrou o que parecía imposible: non só sobreviviu aos Xogos da Fame senón que conseguiu que Peeta tamén saíse con vida. Isto é un desafío ao Capitolio, e todos saben que o Capitolio nin esquece nin perdoa.
A parella procura manter ante o público o papel de namorados, que lles permitiu sobrevivir… e que quizais sexa máis sincero do que parece. Ademais corre o rumor de que hai unha rebelión contra o Capitolio. Katniss e Peeta poderían se-los culpables do seu comezo.
En Llamas, segunda novela da triloxía, continúa a historia de Katniss Everdeen. O relato sométea a probas inda máis difíciles e sorprende unha e outra vez aos lectores. O CAPITOLIO QUERE VINGANZA.