Un enlace con información moi interesante
Sinopse
Un convicto que acaba de fuxir do cárcere tratará de recuperar un botín escondido anos atrás nunha solitaria e apartada aldea; pero o que alí atopará supón unha condena aínda maior da que xa sufriu.
Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un curioso sacerdote e ata o mesmísimo arcipreste de Santiago cruzarán os seus camiños nunha historia de personaxes fantásticos e á vez inquietantemente divertidos.
DOCUMENTACIÓN E DEBUXOS DOS PERSONAXES
O Apóstolo é unha película de animación realizada mediante técnica stop-motion; isto implica que cada personaxe debe ser deseñado e modelado detidamente tanto para o seu correcto funcionamento narrativo coma para os seus requirimentos de movemento.
Ademais, este proxecto ten a particularidade de que os personaxes levarán os rostros dos actores que os dobran e interpretan, conque o traballo adquire máis riqueza, polo que se fai máis interesante e laborioso.
Así, en primeiro lugar, seleccionámo-las fotos dos actores máis adecuadas para determina-las características destacables, e, a partir delas, realizámo-los primeiros debuxos e caricaturas.
Terror, humor e fantasía.
Deixar unha resposta