Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for 11 Marzo 2010

ORGULLOS@S DO GALEGO

A Coordinadora de E.N.D.L. presentou a súa campaña “Orgullosos do noso, orgullosos do galego“, que pretende transmitir na comunidade educativa, e na sociedade, un sentimento de orgullo pola nosa lingua  como sentimento común de todos os galegos á marxe da orixe, a ideoloxía ou o credo. Dende a CGENDL considérase que a lingua galega é un elemento de unión e un rico patrimonio de futuro que nos dota de identidade e nos conecta con millóns de persoas en todo o mundo. E esa é unha das mensaxes que, no momento en que estamos, cremos que hai que lanzar á sociedade.


Read Full Post »

Almas grises

Read Full Post »

Almas grises

Almas Grises 

Decembro de 1917, en plena Gran Guerra e nunha pequena vila ao norte de Francia, aparece o corpo sen vida dunha nena de dez anos, afogada nun canal. Á escena do crime, a poucos quilómetros das trincheiras, acode unha serie de personaxes: policía, xuíz instrutor e un militar que levarán adiante unha investigación con máis sombras ca luces.

            Será realmente o mundo provinciano coas súas miserias e  rancores o protagonista dunha situación na que o lector vai coñecendo, ás veces intuíndo, a verdade dos feitos ou ao menos os trazos da condición humana dos diferentes personaxes que interveñen na trama. A referencia ao gris do título reflicte perfectamente a práctica do mal, ás veces como realidade inherente ao ser humano, e outras como expresión puntual dunha circunstancia concreta.

            A novela é aberta, pois non hai unha verdade ou certeza respecto ao desenlace, aínda que iso non  é obstáculo para que o lector/a sexa arrastrado a un mundo de emocións e intrigas da man doutros acontecementos relatados  nela,   como os dous planos da morte, na fronte e na vila, ou os diferentes personaxes e as súas historias.

Read Full Post »