OLLOS DE AUGA
Ed. Galaxia
Ano: 2006
Xénero: Narrativa
Domingo Villar (Vigo, 1971) traballou como guionista de cinema e de televisión. Coa súa primeira novela, Ollos de auga obtivo o Premio Frei Martín Sarmiento (concedido por alumnos e alumnas lectores de toda Galicia) e, coa súa tradución para o castelán tamén os premios Sintagma e Brigada 21. Foi finalista en dúas categorías dos Crime Thriller Awards en Gran Bretaña. Publicada en doce países, a primeira novela protagonizada polo inspector Leo Caldas é un dos libros máis vendidos entre os lectores e lectoras galegos.
Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas máis diversas. O seu axudante, Rafael Estévez, é un aragonés destinado na cidade, un elemento estraño en terra hostil cun carácter demasiado impetuoso para os seus novos veciños. O caso desenvolverase entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e afectada da alta burguesía viguesa.
O guionista de cine e cómic Carlos Portela está adaptando ó cine a novela Ollos de Auga. Jorge Coira será quen se encargue da súa dirección.
Paréceme interesantísimo que se creara o club de lectura no instituto!!!! Seguro que nos fai ler máis a todos e unirá ós alumnos e profes!! Parabéns!!!!!!!!
Pareceume unha novela interesante cunha boa descripción dos personaxes e un bo ritmo na sucesión de acontecementos. Como crítica negativa, decir que o final non está á altura do resto do libro, non queda suficientemente “redonda ” a historia e parece como si se acabase “á presa”.
Seguro que a túa opinión sobre A praia dos afogados vai ser diferente. Os acontecementos transcorren con maior lentitude, ao longo da novela sospeitamos de todos e de todo e cando cremos que todo está resolto temos outro xiro.
Gustoume ver plasmados nunha novela negra os lugares que coñecín fai anos en Vigo. Recoméndoa ós afeccionados á novela de detectives.
Ollos de auga é un libro moi interesante pero aínda así non chegou a intrigarnos o suficiente. De todas formas, resultou un libro policíaco moi ben realizado e de gran interés. recomendámosllo a todos os que lles guste este tipo de novelas e incitamos a que lean tamén a segunda parte que será igual ou mellor que esta.
A novela, Ollos de auga, pareceume que o principio os acontecementos se desenrolan lentamente pero ó acabar de lela, pareceume un libro de intriga bastante interesante.
Pareceume que o libro ten un argumento moi bo e un final non prevesible.
Ollos de auga es un libro con un desarrollo muy elaborado y un final un poco breve. Pero lo recomiendo a las personas que les guste la criminología.
Ó principio non me animaba moito a ler Ollos de auga, porque non me entusiasman moito as novelas policíacas, pero grazas aó seu argumento conseguiu que me chegase a gustar.