Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Marzo 2010

Podes ter información moi completa sobre os dous primeiros libros, xa publicados, desta triloxía.

losjuegosdelhambre

 

Nun opresor mundo futuro onde as guerras deixaron un país dividido en doce distritos baixo o poder tiránico do Capitolio, o importante non é só manter a raia os sometidos senón brindárlle-lo espectáculo da submisión. Cada ano o Capitolio organiza un evento televisivo chamado Os Xogos da Fame. Os elixidos no sorteo teñen que loitar a morte ata que quede un só supervivente e os cidadáns están obrigados a ver este reality show.

Suzanne Collins fainos ver ata onde podería chegar un Grande Irmán entolecido nunha sociedade sen ética nin moral.

Chegou a hora: Katniss ten que LOITAR PARA SOBREVIVIR.

 

Katniss logrou  o que parecía imposible: non só sobreviviu aos  Xogos da Fame senón que conseguiu que Peeta tamén saíse con vida. Isto é un desafío ao Capitolio, e todos saben que o Capitolio nin esquece nin perdoa.

A parella procura manter ante o público o papel de namorados, que lles permitiu sobrevivir… e que quizais sexa máis sincero do que parece. Ademais corre o rumor de que hai unha rebelión contra o Capitolio. Katniss e Peeta poderían se-los culpables do seu comezo.

 En Llamas, segunda novela da triloxía, continúa a historia de Katniss Everdeen. O relato sométea a probas inda máis difíciles e sorprende unha e outra vez aos lectores. O CAPITOLIO QUERE VINGANZA.

 

Read Full Post »

Un enlace con información moi interesante

Sinopse

Un convicto que acaba de fuxir do cárcere tratará de recuperar un botín escondido anos atrás nunha solitaria e apartada aldea; pero o que alí atopará supón unha condena aínda maior da que xa sufriu.
Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un curioso sacerdote e ata o mesmísimo arcipreste de Santiago cruzarán os seus camiños nunha historia de personaxes fantásticos e á vez inquietantemente divertidos.
 


DOCUMENTACIÓN E DEBUXOS DOS PERSONAXES

O Apóstolo é unha película de animación realizada mediante técnica stop-motion; isto implica que cada personaxe debe ser deseñado e modelado detidamente tanto para o seu correcto funcionamento narrativo coma para os seus requirimentos de movemento.

Ademais, este proxecto ten a particularidade de que os personaxes levarán os rostros dos actores que os dobran e interpretan, conque o traballo adquire máis riqueza, polo que se fai máis interesante e laborioso.

Así, en primeiro lugar, seleccionámo-las fotos dos actores máis adecuadas para determina-las características destacables, e, a partir delas, realizámo-los primeiros debuxos e caricaturas.

Terror, humor e fantasía.


 

Read Full Post »

Fernando Cortizo presenta a súa película e os distintos actores e actrices  explican un pouco o seu traballo.

Read Full Post »

ORGULLOS@S DO GALEGO

A Coordinadora de E.N.D.L. presentou a súa campaña “Orgullosos do noso, orgullosos do galego“, que pretende transmitir na comunidade educativa, e na sociedade, un sentimento de orgullo pola nosa lingua  como sentimento común de todos os galegos á marxe da orixe, a ideoloxía ou o credo. Dende a CGENDL considérase que a lingua galega é un elemento de unión e un rico patrimonio de futuro que nos dota de identidade e nos conecta con millóns de persoas en todo o mundo. E esa é unha das mensaxes que, no momento en que estamos, cremos que hai que lanzar á sociedade.


Read Full Post »

Almas grises

Read Full Post »

Almas grises

Almas Grises 

Decembro de 1917, en plena Gran Guerra e nunha pequena vila ao norte de Francia, aparece o corpo sen vida dunha nena de dez anos, afogada nun canal. Á escena do crime, a poucos quilómetros das trincheiras, acode unha serie de personaxes: policía, xuíz instrutor e un militar que levarán adiante unha investigación con máis sombras ca luces.

            Será realmente o mundo provinciano coas súas miserias e  rancores o protagonista dunha situación na que o lector vai coñecendo, ás veces intuíndo, a verdade dos feitos ou ao menos os trazos da condición humana dos diferentes personaxes que interveñen na trama. A referencia ao gris do título reflicte perfectamente a práctica do mal, ás veces como realidade inherente ao ser humano, e outras como expresión puntual dunha circunstancia concreta.

            A novela é aberta, pois non hai unha verdade ou certeza respecto ao desenlace, aínda que iso non  é obstáculo para que o lector/a sexa arrastrado a un mundo de emocións e intrigas da man doutros acontecementos relatados  nela,   como os dous planos da morte, na fronte e na vila, ou os diferentes personaxes e as súas historias.

Read Full Post »

Un paseo por Ollos de auga con fotos de Vigo e textos do libro


Read Full Post »

Read Full Post »

Entrevista ó escritor Domingo Villar (No es un Día Cualquiera. Radio Nacional de España)

Read Full Post »

Ed. Galaxia

Ano: 2009

Xénero: Narrativa

Despois do éxito de Ollos de auga, Domingo Villar preséntanos A praia dos afogados, unha apaixonante novela de intriga que mete o lector no mundo da Galicia mariñeira.

A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre persoas que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis insoportable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca dos galegos.

Read Full Post »

Older Posts »